InicioOrientalRibadeoDeputación e Concello de Ribadeo asinan un convenio para construír as novas...

Deputación e Concello de Ribadeo asinan un convenio para construír as novas pistas multideporte

O alcalde destacou que Ribadeo vai contando con infraestruturas como pavillóns polideportivos ben equipados ou campos para o adestramento regrado de varias especialidades.

Publicada o

- Advertisement -

Asinado o convenio entre o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo para a construción das novas pistas multideporte para fútbol, baloncesto, voleibol, skate, calistenia, dirixidas á mocidade. O importe ascende a 422.000 euros, onde a Área de Deportes Provincial achega 340.000 euros en dúas anualidades e o Concello asume os 82.000 restantes.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “tal e como anunciamos hai varias semanas, somos conscientes das carencias que ten Ribadeo de lugares públicos para o lecer e o recreo da xente moza deste concello“. O alcalde destacou que Ribadeo vai contando con infraestruturas como pavillóns polideportivos ben equipados ou campos para o adestramento regrado de varias especialidades.

Suárez sinalou ademais que o concello adoece desde sempre de algo destinado a pasar un pedazo de tempo cos amigos e coas amigas “xogando unha pachanga, tirando unhas canastras, practicando algo de voleibol, facendo algo de ximnasia ou incluso practicando outros novos deportes como o skate”.

O rexedor comentou que “diante desta situación, estamos a facer unha aposta moi seria, moi firme e moi importante para toda esta xuventude, que cando sae, tampouco ten demasiado a onde ir para xuntarse nos momentos de lecer”.

Suárez Barcia explicou que co financiamento para esta obra garantido, usarase a mazá interior de titularidade municipal que está entre a Avenida de Galiza, a Rúa Pintor Fierros e a Rúa Daniel Cortezón. “E construiremos unha grande superficie multideporte e de lecer. Unha pista multideporte para fútbol, baloncesto e voleibol; outra de skate e máis un circuíto de calistenia”.

O alcalde ribadense subliñou que “o deputado delegado de Deportes, Efrén Castro, foi sensible ás nosas xustas demandas polo que agora unha vez asinado“. Fernando Suárez concliu a súa exposición sinalando que “toda a sociedade o pasou moi mal nesta a pandemia, pero o segmento de xente adolescente aos que lles estamos pedindo continuamente compromiso tamén necesitan que nós nos comprometamos con eles”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...